EDUCACIÓN INFANTIL
- Loly

- 30 mar 2020
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 31 mar 2020
Ola nenas e nenos!
Xa que para a semana que vén é Semana Santa... Que vos parece se investigamos algo máis?
Pois ben, aquí vos deixo unha serie de vídeos que nos explican que é a Semana Santa, así que... Animádesvos a velos?
El burro y el rey: https://www.youtube.com/watch?v=JnGsk9C5CgI
Una comida de despedida: https://www.youtube.com/watch?v=NglkOLbZOMg
En el huerto: https://www.youtube.com/watch?v=8sZiST-S7yE
Todo se ha cumplido: https://www.youtube.com/watch?v=_SVlX-6sCF4
Un domingo feliz: https://www.youtube.com/watch?v=CrKF4g0Urhc
Jesús regresa al cielo: https://www.youtube.com/watch?v=lz-FXcXtgC4
El maravilloso regalo de Dios: https://www.youtube.com/watch?v=5P3rHDIMRPw
Gustáronvos os vídeos? Aprendestes moito? Espero que sí! Pero se vos quedan dúbidas podedes botarlle un ollo ao conto sobre Semana Santa que está na portada en PDF.
Pois agora vouvos propoñer unha actividade... Para iso tedes que visitar o seguinte enlace:
Como vedes hai varios debuxos de nazarenos, os cales podedes escoller o que máis vos guste para pintar pois...
Xa que non imos poder saír a ver as procesións invítovos a que creades a vosa propia procesión, para iso, déixovos o enlace a algunhas plantillas, mais non son obrigatorias, podedes realizala con calquera outro material que se vos ocorra e que teñades pola casa! Estades preparadas e preparados? Espero que sí! Estou deseando ver como vos quedaron esas procesións, seguro que son preciosas!
Por último, aquí vos deixo unha listaxe de pelis que podedes ver nos vosos ratiños libres (Non teñen porque ser todas, tamén podedes incluír algunha vós na lista):
- Buscando a Nemo
- Buscando a Dory
- Del Revés
- El viaje de Arlo
- UP
- Bichos
Unha vez vistas, que aprendentes delas? Espero que moitas cousas... Preguntareivos sobre elas! Boa semana pequerrechas e pequerrechos!



Comentarios