top of page
Buscar

BOA SEMANA

  • Foto del escritor: Loly
    Loly
  • 1 abr 2020
  • 1 Min. de lectura

Preciado alumnado e familias:


Este post é para recordavos que vos rexistredes en EDMODO cos códigos e as indicacións que están anotadas na entrada de "IMPORTANTE". Xa que aí a comunicación vai ser máis directa. A través da pestana "Mensaxes" podedes enviar as vosas dúbidas e volas contesto ou ben, podedes falar cos vosos compañeiros e compañeiras a través dos comentarios que fagades.





Simula unha aula na que estaredes todos os da mesma clase e ademais, tedes todos os pasos a seguir nas tarefas que vos mandei para esta semana.




Tamén vos lembro o e- mail que habilitei para calquera cuestión que precisedes facerme nesta temporada: relixioncatolicaalborada@gmail.com


Outra anotación é que revisedes o blog, xa que para calquera aviso que vos teña que dar o farei a través desta vía. Mentres non estedes todos en Edmodo poñerei por aquí as tarefas, no momento no que poida comunicarme con todas e todos, este medio quedará para avisos importantes ou cousiñas que vexa que poden ser do voso interese.





Sen máis, boa semana e boas vacacións. Ánimo!







NOTA: Calquera problemiña que teñades, non vos preocupedes, podémonos adaptar a situación de cada un/unha e retomar o traballo en calquera momento. É o bo das novas tecnoloxías, a cuestión é irse adaptando e poñernos o máis de acordo posible para realizalas, nesta situación a coordinación entre todas e todos é esencial. Nalgúns casos non vos ceguedes en facer as tarefas nesta semana, xa que como vos indiquei, seguiremos con eles á volta de Semana Santa. Saúdos.




 
 
 

Comentarios


  • Black Facebook Icon
  • Black LinkedIn Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black YouTube Icon

© marzo 2020 by Loly BP created with Wix.com

bottom of page