top of page
Buscar
  • Foto del escritorLoly

AVISO DAS TAREFAS DE SEMANA SANTA

Con respecto ás tarefas da Semana Santa, déixovos as seguintes aclaracións:


- Alumnado de Ed. Infantil: Escollede un debuxo dos que aparecen no enlace que vos indiquei na entrada do 30 de marzo ao 03 de abril. Con iso xa é suficiente.


- Alumnado de 1º e 2º EP: Do documento de actividades 1, escoller 1 ou 2 do PDF e facela (como xa indiquei nesa entrada, volvo a poñelo: NON TEDES QUE FACER TODO O PDF).


- Alumnado 3º EP: Do documento de actividades 2, escoller 1 ou 2 do PDF e facela (creo recordar que nesa entrada xa vos indicaba as páxinas do PDF que quería que fixérades) (tamén xa vos puxen na vosa entrada que NON HABÍA QUE FACER TODO O PDF)


- Alumnado de 4º - 5º- 6º EP: Xa que a actividade que había que realizarse por Google Drive vos supón un traballo extra, imos cambialo pola realización dun traballo sobre a Semana Santa, a información podedes sacala tanto dos vídeos coma da documentación que vos puxen. Por favor, esa documentación que vos adxunto é para vós. É documentación aclaratoria. NON É PARA IMPRIMIR.


O PDF de pasatempos significa coma o seu nome indica, PASATEMPOS, NON quere dicir que se teña que facer OBRIGATORIAMENTE, senón que volos puxen para que o descargue quen queira realizalos no seu tempo libre.


Tamén o documento de PLANTILLA é para que descarguen aqueles alumnos e alumnas que teñan que realizar un traballo escrito, o resto non é necesario que o teñades.


PD: Pídovos encarecidamente que leades completamente TODAS as entradas que se vos poñan con respecto ao curso que vos corresponda, antes de realizar as tarefas e de imprimir cousa ningunha. En cada unha das entradas de cada curso está todo explicado.


Que se vos poñan fichas ou documentos non quere dicir que teñades que imprimilas todas, SÓ AQUELAS QUE VAIADES TRABALLAR NELAS.


Lémbrovos que non debedes facer máis traballo que o que corresponda a unha sesión semanal, salvo 2º EP que son dúas.


Dito isto, espero que agora quedaran todas as aclaracións feitas. Pero por favor, lede ben o que se vos pide.


Desculpade as molestias.


Grazas e saúdos.

102 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo
bottom of page