top of page
Buscar
  • Foto del escritorLoly

ALUMNADO EDUCACIÓN INFANTIL

Ola nenos e nenas!


Para esta quincena imos traballar que é a amizade, para iso, vouvos deixar unha serie de fichas:


Pero antes de comezar a facer as fichas, debedes explicarme coas vosas palabras que é para vós ter un amigo ou unha amiga.















Para min, a amizade ocorre cando facedes as paces despois dunha discusión, cando compartides as vosas cousas cos demais compañeiros e compañeiras, cando falades con eles e elas e os escoitades, cando lle axudades e vos preocupades por eles, cando lle decides que fixo algo mal, cando lle dades ánimos porque está triste e queredes que estean contentos, cando coidades deles e delas porque se fixeron dano, cando lle dades cariño... Verdade que son todo cousas boas?


Pois ben, Xesús é o noso amigo e como nos quería tanto, deu a súa vida por nós na cruz. Por iso, sempre axudou a toda aquela xente que criu nel e que lle pediu axuda, dándolle igual quen fose a persoa.


Xesús tiña uns amigos moi especiais, que o acompañaban sempre e nunca o deixaban só. Eses amigos de Xesús son os 12 apóstolos, e estes axudáronlle moito. De aí que confiase moitísimo neles.


Agora é o noso turno, debemos ser boas persoas, pero se nalgún momento temos un mal comportamento, debemos aprender a pedir perdón e saber perdonar.


Por iso, cando rematedes as fichas, tamén quero que fagades un debuxo onde aparezan os vosos mellores amigos e amigas e así, poder amosarlle o moito que os botastes de menos estes días. Se queredes, podedes poñer algunha frase ou palabra agarimosa e doce para facerlles ver que sempre poden contar con vós nos bos e nos malos momentos.


Espero que pasedes unha boa quincena e agardo polas vosas tarefas.




83 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo
bottom of page