top of page
Buscar

ALUMNADO DE 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

  • Foto del escritor: Loly
    Loly
  • 20 abr 2020
  • 1 Min. de lectura

Ola chicos e chicas!


A partir de agora as tarefas realizaranse quincenalmente, así que a tarefa correspondente a esta quincena é a seguinte:


Primeira semana:


Ides indagar sobre os diferentes megalitos:


- Crómlech.

- Dolmen.

- Cista.

- Túmulo.

- Menhir.


Cando xa os teñades todos localizados, ídesme facer unha presentación de cada un deles coa ferramenta haiku deck/prezi/powerpoint/genial.ly onde me expliquedes as diferencias e as similitudes entre elas. Podedes apoiarvos de imaxes.


Segunda semana:


Imos buscar lendas haxiográficas nas seguintes páxinas web:



Escolledes unha e ides investigar sobre o lugar do que vos falan.


Igual que na primeira semana, teredes que realizar unha presentación coa lenda e a vosa explicación acerca do lugar na que se desenvolve. Podedes utilizar calquera das ferramentas que vos mencionei anteriormente.


Finalizadas as dúas sesións, quero que recapacitedes e me contestedes a esta pregunta:


Atopades algunha relación entre os megalitos e as lendas? Razoade a vosa resposta.


Unha vez rematadas as tarefas, lembrádevos de remitirmas.




 
 
 

Comentarios


  • Black Facebook Icon
  • Black LinkedIn Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black YouTube Icon

© marzo 2020 by Loly BP created with Wix.com

bottom of page