top of page
Buscar

ALUMNADO DE 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

  • Foto del escritor: Loly
    Loly
  • 4 may 2020
  • 1 Min. de lectura

Imos comezar facendo un repaso do que traballamos a quincena pasada:


Abraham e Isaac eran pai e fillo e, dous dos catro Patriarcas do Pobo de Israel.


Pois esta quincena imos aprender quen eran os outros dous Patriarcas... Jacob e José.


A primeira semana imos ver este vídeo:


Unha vez visto o vídeo, responderedes ás seguintes cuestións:


- Que vínculo familiar tiñan Jacob e José?

- Cantos irmáns tiña José?

- Que soño tivo José?

- Que lle fixeron os irmáns a José?

- Que don tiña José?

- Que soño lle interpretou José ao faraón de Exipto?

- Que cargo lle dou o faraón a Xosé cando comezou a crer en Deus?



Na segunda semana veremos a continuación da historia de José:


Rematado de ver o vídeo, contestaredes ás seguintes preguntas:


- Que fixo José cando o nomearon xefe responsable dos graneiros do pobo (Exipto)?

- Cando os irmáns de José foron a Exipto, coñecérono?

- Que fixo José cando os irmáns foron a Exipto por alimento?

- Que pasou cando foron de segunda vez os irmáns de José a Exipto?

- Estaba enfadado José con eles polo que lle fixeron?

- O final cumpliuse o soño que José tuvo na primeira parte historia?

- Jacob dille aos seus fillos que volverán á terra que Deus lle deu a Abraham... Que é o que lles deixa a cada un e que forman?


Feliz quincena!

 
 
 

Comentarios


  • Black Facebook Icon
  • Black LinkedIn Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black YouTube Icon

© marzo 2020 by Loly BP created with Wix.com

bottom of page