ALUMNADO 1º E 2º EDUCACIÓN PRIMARIA
- Loly

- 20 abr 2020
- 1 Min. de lectura
Ola nenos e nenas!
Esta quincena imos traballar dous dos patriarcas do pobo de Israel que aparecen no Antigo Testamento.
E diredes vós... E que é un patriarca?
Pois naqueles tempos, un patriarca era o ancián xefe que mandaba na tribu/pobo. Foron persoas moi importantes porque crían en Deus e este, axudáballes a salvarse porque eran boas persoas e tiñan fe nel, como pasou con Noé e a Arca. Por iso, son un exemplo de confianza en Deus.
No Antigo Testamento destacan catro grandes patriarcas, estes foron os fundadores do pobo de Israel, e protexían e axudaban ao seu pobo coa axuda de Deus.
Nesta quincena imos aprender máis sobre Abraham e Isaac. Abraham é o pai de Isaac.
Para que vos quede máis clara a explicación...


A primeira semana imos ver este vídeo sobre Abraham:
A continuación leremos e faremos as seguintes fichas de Abraham:



Por se queredes escoitala, adxúntovos un link da canción de Abraham:
A segunda semana veremos o vídeo de Isaac:
E leremos e realizaremos as seguintes fichas:


Cando rematedes coas fichas, ídesme contestar as seguintes preguntas:
- Os patriarcas son familia? Qué son?
- Que promesa lle fai Deus a Abraham?
- En quen confiades? Debuxa a tres persoas nas que confíes e explica o porqué.
Ata aquí chegan as tarefas desta quincena queridos alumnos e alumnas, cando os teñades rematados, enviádesmos para que volos corrixa, vale?



Comentarios