top of page
Buscar

6º EDUCACIÓN PRIMARIA

  • Foto del escritor: Loly
    Loly
  • 30 mar 2020
  • 1 Min. de lectura

Actualizado: 31 mar 2020

6º EDUCACIÓN PRIMARIA


Ola rapazas e rapaces!


Con respecto a un dos traballamos que tiñamos pendentes e aproveitando que a semana que vén é Semana Santa... Pois imos traballar nisto. (Non me esquezo do flipbook dos Mandamentos eh!)





Para comezar, déixovos un enlace para saber máis sobre o tema:


Pasión, muerte y resurrección: https://www.youtube.com/watch?v=MoPloqRaTDM


E agora que?



Espero que con este vídeo vos quedasen algunhas ideas claras, dito isto... A pola tarefa da semana!




Para a realización desta tarefa faremos 4 grupos:


- 3 grupos de 5 persoas.

- 1 grupo de 4 persoas.


Feitos os grupos, ídesme enviar  un correo electrónico no que figuren os compoñentes de cada grupo. Tan pronto como os reciba crearei un grupo entre vós a través da ferramenta colaborativa en liña Google Drive, así calquera dúbida xa ma podedes preguntar a medida que realizades a tarefa.


Unha vez listo crearemos unha redacción para o noso periódico “Christian Express”, describindo feitos relacionados ca Semana Santa. O periódico adornarase con anuncios, noticias internacionais e locais, etc; coma un xornal de verdade.


Tamén vos deixo encargados de que pensedes o programa que queredes usar para realizar a montaxe do noso xornal, mais senon se vos ocorre ningún podemos usar Genial.ly.




NOTA: Se non vos da tempo a realizalo, pódese continuar con el á volta da Semana Santa. Calquera dúbida que teñades non esquezades en consultarma!


Tamén no voso tempo libre podedes ver algunha peli, aquí vos presento un listado con algunha, e o cal, podedes modificar:


- Campeones

- Wonder

- Billy Elliot

- Cadena de favores

- Forrest Gump

- Mi nombre es Khan

- Los chicos del coro


Obviamente preguntareivos sobre elas a ver que aprendestes... Boa semana!






 
 
 

Comentarios


  • Black Facebook Icon
  • Black LinkedIn Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black YouTube Icon

© marzo 2020 by Loly BP created with Wix.com

bottom of page