top of page
Buscar

5º EDUCACIÓN PRIMARIA

Actualizado: 31 mar 2020

5º de EDUCACIÓN PRIMARIA


Ola chicas e chicos!


Para esta semana imos traballar a Semana Santa, mais non pensedes que me esquecín dos traballos que vos mandei (seguiremos a traballar con eles máis adiante, xa que teremos que cambiar a forma de presentación, pero xa o falaremos no seu momento).


E porque imos traballar esta temática? Pois porque para a semana que vén... É Semana Santa!


Por esta razón déixovos este enlace para que aprendades máis sobre esta festividade:


Pasión, muerte y resurrección: https://www.youtube.com/watch?v=MoPloqRaTDM





E agora... Como supoño que vos quedaríades con algunha idea... Aló vai a miña proposta:


5 grupos nos que:


- 2 serán de 5 persoas

- 3 de 4 persoas


Feitos os grupos, ídesme enviar  un correo electrónico no que figuren os compoñentes de cada grupo. Tan pronto como os reciba crearei un grupo entre vós a través da ferramenta colaborativa en liña Google Drive, así calquera dúbida xa ma podedes preguntar a medida que realizades a tarefa.


Unha vez listo, procederemos á realización dun suplemento cultural para o xornal "Christian Express". Por iso, deberedes realizaralle entrevistas a varios personaxes históricos antigos da época da Semana Santa, que relatarán as súas vivencias con respecto á figura de Xesús.


Unha vez "realizadas" as entrevistas, estas serán expostas nunha presentación, nas cales podedes utilizar os seguintes programas, aínda que podedes usar calquera outra que coñezades ou que vos guste:


- Prezi

- PowToon






Para rematar, aquí vos deixo unha listaxe de pelis que podedes visualizar aínda que podedes modificala cando teñades algún oco:


- Las Crónicas de Narnia: el león, la bruja y el armario

- Las Crónicas de Narnia: el príncipe Caspian

- Las Crónicas de Narnia: la travesía del Viajero del Alba

- Percy Jackson y el ladrón del rayo

- Maléfica

- Peter y el dragón


Obviamente estas películas non están postas casualmente... Senón que me teredes que contar se aprendestes algo delas!




Calquera dúbida non esquezades que podedes preguntarma e eu aclaréivola sen problema ningún.


Nota: Esta tarefa pódese seguir realizando á volta da Semana Santa. Boa semana!





21 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo
bottom of page