top of page
Buscar

4º EDUCACIÓN PRIMARIA

  • Foto del escritor: Loly
    Loly
  • 30 mar 2020
  • 2 Min. de lectura

Actualizado: 31 mar 2020

4º EDUCACIÓN PRIMARIA


Boa semana alumnas e alumnos!


Esta semana os contidos que vos presento son sobre a temática da Semana Santa, non podía ser doutro modo xa que sería a celebración da semana que vén; por iso, aquí vos deixo un enlace cun vídeo sobre a temática:



Co lido na clase a última semana máis os vídeos que acabastes de ver, espero que teñades unha idea máis clara...




Mais agora... Vouvos propoñer unha actividade, tedes que organizarvos e crear:

- 3 grupos de cinco persoas.

- 1 grupo de catro persoas.


Feitos os grupos, ídesme enviar  un correo electrónico no que figuren os compoñentes de cada grupo. Tan pronto como os reciba crearei un grupo entre vós a través da ferramenta colaborativa en liña Google Drive, así calquera dúbida xa ma podedes preguntar a medida que realizades a tarefa.


A actividade é a seguinte: Creación dun diario secreto dun marciano que foi tomando notas dende o Domingo de Ramos até dous días despois de Pentecostes.


Póñovos en antecedentes:


O marciano ía tomando notas nos seus cadernos Secretos nesa época. Todo ía ben ata que... Un vento impetuoso o transformou a el tamén, facéndoo visible aos ollos humanos. Tivo que fuxir precipitadamente e na súa fuga caéronselle os seus Cadernos. Foron recollidos e gardados nun cofre. Ninguén entendía os caracteres misteriosos.

Hai un ano, un grupo galego de investigadoras e investigadores galego, atopou uns escritos antigos nun mercado. Grazas ás modernas técnicas da informática, púidose descifrar o misterioso diario. A redacción do Christian Express quérello entregar aos seus lectores como primicia do periodismo de investigación.


Cando teñades rematada a tarefa teredes que realizar unha presentación deses cadernos a través das TIC, podedes usar entre outras:


- Prezi

- PowToon



Tamén vos deixo unha listaxe con películas que podedes ver nos vosos ratiños libres, a cal, podedes modificar incluíndo outras películas:


- WALL- E

- Robots

- Monstruos vs. Aliens

- Epic

- Lluvia de albóndigas

- Home


Que saibades que as peli está postas por algo... Pois ben, preguntareivos sobre elas, a ver se aprendestes algo...




Calquera dúbida, non esquezades en preguntarma. Boa semana!


NOTA: Se non vos da tempo a rematar nesta semana, á volta da Semana Santa podedes seguir traballando na actividade!





 
 
 

Comentarios


  • Black Facebook Icon
  • Black LinkedIn Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black YouTube Icon

© marzo 2020 by Loly BP created with Wix.com

bottom of page