Loly

29 de may de 20201 min.

ALUMNADO DE 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Ola nenas e nenos!

Esta última quincena imos averiguar como remata a historia de Moisés e para iso imos facer o seguinte:

Na primeira semana veremos do minuto 54:35 a 1:08:20 do vídeo:

E contestaremos á seguinte pregunta: Que fixo Moisés para salvar ao pobo hebreo dos soldados exipcios que os perseguían?

Coma na quincena anterior, déixovos unha pista:

Na segunda semana visualizaremos do minuto 1:0:20 a 1:35:05 do vídeo:

Responderemos ás seguintes cuestións:

- Que lles enviou Deus ante a presión do pobo hebreo?

- Despois dos problemas que houbo entre o pobo hebreo, que trouxo Moisés da montaña para solucionalos?

- Ao final a onde chegou o pobo hebreo?

Veña, déixovos outra pistiña máis...

Feliz quincena!

    1000
    0