Loly

17 de may de 20201 min.

ALUMNADO DE 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

A quincena pasada vimos os dous últimos patriarcas, así que imos repasalos:

Abraham era o papá de Isaac, Isaac era o papá de Jacob e Jacob era o papá de José.

Pois ben, agora imos coñecer quen era Moisés. Para iso, na primeira clase imos ver do minuto 0:00 a 27:00 do seguinte vídeo:

Unha vez visto imos responder ás seguintes preguntas:

- Que fixeron os papás de Moisés para salvalo?

- Quen salvou a Moisés e en quen se converteu?

- Que labor lle encomendou o faraón para saber se Moisés lle era fiel a Exipto e non ao pobo hebreo?

- Que ocorreu para que Moisés tivera que fuxir do lugar no que estaban os escravos hebreos?

Na seguinte ficha déixovos unha pista...

Na segunda clase veremos dende o minuto 27:00 a 54:35 do mesmo vídeo e respondemos ás seguintes cuestións:

- Que ocorreu cando Moisés subiu á montaña?

- A onde lle mandou regresar Deus a Moisés e con quen se tiña que atopar no deserto?

- Que tarefa lle encomendou Deus a Moisés para que realizara ante o faraón exipcio?

- Que fixo Deus por medio de Moisés para que o faraón liberase ao pobo hebreo?

Tamén vos deixo unha pista:

Vémonos para a próxima quincena! Saúdos!

    980
    0